Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos para d

Día de Rosalía, 2016. Videotitorial de canva.

Deseño do robot:OZOCOgz VIDEOTITORIAL

Necesitamos seguir falando dos refuxiados? Unha proposta para o Día Mundial da Radio.

Día Mundial da Radio, 2016 Palabra do ano, 2015 Comezamos lendo un texto do Portal das Palabras , a palabra "refuxiado" , que foi elixida palabra do ano neste Portal. O texto de lectura permitiranos facer un percorrido por algúns feitos históricos  ( Sociedade das Nacións, ONU, Tratado de Versalles,...) que aparecen no noso currículo. Para acceder ao texto pincha neste enlace. A palabra refuxiado no Portal das Palabras Mapa mental da lectura O Día Mundial da Radio  a ONU reivindica o poder das ondas en momentos de crises. Nacións Unidas destaca que a radio é o mellor "instrumento salvadidas" en zonas de desastre xeradas por urxencias humanitarias. A radio é un instrumento que dá voz aos débiles e salva vidas en zonas de urxencia, que alenta aos supervivientes e instrúe á poboación a costa dos sacrificios de moitos xornalistas e cooperantes humanitarios especializados en comunicación que arriscan diariamente as súas vidas

Entroido no María Sarmiento, 2016

Taller de máscaras e mapas visuais en Lingua galega de  1º e 2º de ESO coordinados por  Manuel J. Alonso ("Leitón"). Mapa visual:"As letras do Entroido"    Máscara , por Lucía Pernas Mapa mental: entroido ou carnaval ALGÚNS TRABALLOS MÁIS DE 1º ESO: Entroido no Mª Sarmiento   LECTURA PARA APROVEITAR ESTE ENTROIDO: http://portaldaspalabras.gal/setestrelo/sete-personaxes-do-entroido MELLORANDO O LÉXICO: ENTROIDO OU ANTROIDO? Entroido ou antroido from Portal das Palabras on Vimeo .   O FESTIVAL Entroido 2016 by Slidely Slideshow E AÍNDA MÁIS...! UNHA PEQUENA HISTORIA PARA LEMBRAR: