Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Imos ao teatro. Cousas de Castelao por Os Quinquilláns.

👀 Sesión de teatro . O día 2 de decembro 4º da ESO e 1º de Bac fomos ao Teatro Pastor Díaz con alumnos do IES de San Cibrao para ver a adaptación de COUSAS , a máis coñecida das obras de Castelao, e despois de lermos o libro. 👀 Os Quinquilláns . Cunha escenografía moi coidada, Os Quinquilláns representan moitas das escenas e personaxes da xenial e atemporal obra, adaptada ao teatro por eles mesmos. De novo estamos ante unha colaboración coa Editorial Galaxia , que se encarga da súa distribución. 👀 Temática.  Na adaptación teatral recóllense moi ben os temas máis destacados da obra narrativa de Castelao como pode ser o reflexo das clases máis desfavorecidas do seu tempo: abregos, mariñeiros, emigrantes,... GALERÍA DE IMAXES

Reflexións sobre o Samaín, redes sociais e cabazas.

XUSTIFICACIÓN Hai uns días, lendo en Twitter, atopeime co seguinte titular "Twitter non é para alumnos" de Óscar Boluda. Aparece como post no seu blog de reflexión educativa e Formación Profesional e novas tecnoloxías: eFePeando . Na entrada fai unha análise do desapego dos máis novos por esta rede social ou microblogging que é Twitter (na que tanta fe tiñamos hai algúns anos) á vez que analiza de paso Facebook , YouTube e as favoritas da mocidade Whatsapp ou Snapchat; as dúas últimas claramente "non producen coñecemento" . Subscribo ao cento por cento a análise que fai tendo en conta os hábitos do meu alumnado de Secundaria e coincido en que o uso que os nosos alumnos fan das redes sociais non ten nada que ver co coñecemento. Na entrada do blog, Boluda fai un apartado para os ciclos superiores de Formación Profesional onde si ten cabida e utilidade o uso de Twitter en módulos como o de FOL que se sitúan no campo da procura de emprego ou do emprendimi

Manuel María no María Sarmiento.

Departamento de Lingua Galega Equipo de Dinamización Lingüística Manuel María por Primitivo Marcos                                     "O idioma é a forza que nos xungue e sostén, ¡Si perdemos a fala non seremos ninguén!" de As rúas do vento ceibe XUSTIFICACIÓN O obxectivo principal deste traballo é a contribución a mellóraa da competencia lectora e ao proceso de normalización lingüística do idioma galego (¡tan abandonado da man de Deus nestes tempos!). Quixera aclarar que o traballo está feito para mellorar a competencia lingüística nesta lingua. Con todo, o autor homenaxeado este ano, Manuel María, dá xogo para ser utilizado en moitos niveis diferentes e como base para traballar a riqueza que supón o plurilingüismo en calquera comunidade. INTRODUCIÓN Con este traballo preténdese dar a coñecer a figura e a obra de Manuel María Fernández Teixeiro no noso instituto, así como analizar unha época de moita importanci

Editores de imaxes online.

Non son poucas as veces que necesitamos editar unha imaxe para un traballo concreto. Un programa de escritorio como o Gimp pódenos parecer complexo de máis para o que queremos. É entón cando podemos botar man da Web 2.0. - Pixrl Este editor online é un dos máis completos. Non é necesario rexistrarse, é bastante sinxelo, ten un deseño moi agradabe  e moitas  posibilidades, entre elas, a de traballar con capas. Os seus botóns son moi similares ao novo Gimp e ten versión en español e en varios idiomas. Todo iso convérteo nunha aplicación interesante para traballar coa imaxe dixital. Aspecto de Pixrl Manuel María.Imaxe editada con Pixrl -Imagechef Banner (pancarta, bandeirola...) feita con Imagechef. Foto editada con Imagechef - Photofacefun Póster con Phtofacefun modificado: tatoo de Frida Kahlo Lembrando a Begoña Caamaño E por último - Picmonkey Panel de traballo de Pickmonkey