Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

Iria Misa fálanos da súa novela Xa non estou aquí.

📕O luns 24 de abril, e dentro das actividades do Día do Libro , Iria Misa veu falar cos alumnos de 3º da ESO (Club de Lectura) e cos alumnos de 1º de Bacharelato do noso centro xunto co alumnado de 4º da ESO do IES de Xove. Tratouse dun coloquio sobre o libro que xa leron na 2ª avaliación,   Xa non estou aquí, e o encontro resultou  do máis entretido. Iria deu pautas moi interesantes para a plena comprensión da novela, dinamizou a sesión con interesantes reflexións sobre a violencia de xénero, presente en moitos casos de desaparicións de persoas e presentounos o seu punto de vista sobre a edición de libros, o mundo editorial e o caso galego en particular. ALGÚNS MOMENTOS DO ACTO GALERÍA DE IMAXES

Traballos de banda deseñada.

Traballos de prensa en 1º ESO.

Sobre o Resu En 1º de ESO pedíuselle aos alumnos un traballo no que se sentiran xornalistas por un día. O tema era libre, inda que a maioría elexiu temas locais de Viveiro. Romaría do Naseiro Semana Santa de Viveiro Entroido Naseiro Carnaval E parece que o traballo que máis gustou foi o do Ressurection Fest porque mesmo tivemos rechíos no T witter !!!! 😅😅😅👀👇

100 anos do pasamento de Pondal.

O pasado 10 de marzo cumpíronse 100 anos do pasamento de Eduardo Pondal Abente. Eduardo Pondal, "o bardo de Bergantiños", é un dos grandes poetas do noso Rexurdimento , xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez. 🍀 Biografía .  Naceu na vila de Ponteceso o 8 de febreiro de 1835, no seo dunha familia de orixe fidalga que se enriqueceu na emigración a América e que, ao seu regreso a Galicia, ocupou postos destacados na vida política e económica da comarca bergantiñá.  Orfo de nai desde ben novo a familia non carecía dos recursos necesarios para o seu mantemento, que proviñan das rendas familiares. En 1844 estudou gramática latina na reitoral de Vilela de Nemiña co párroco de Touriñán, como era habitual nos rapaces que querían iniciar carreira eclesiástica ou universitaria. Estuda o bacharelato en Compostela e despois cursará  Medicina acadando o grao coa nota de sobresaliente en 1860. Parece que conseguiu un posto de médico na Armada Española, pero como indica

II Encontro Interxeracional "Fálame da Emigración" (2017)

🌉Ao longo dos meses de febreiro e marzo tivo lugar, por segundo ano consecutivo, o Encontro Interxeracional "Fálame da Emigración"  entre o alumnado de 3º da ESO e o grupo de maiores de Afundación de Viveiro. 👴A vida dos maiores na emigración é o eixe do programa, articulado a través de dous encontros nos institutos e precedidos dun traballo preparatorio que se apoia en material e recursos didácticos aportados por Afundación. Maiores e estudantes comparten experiencias, reflexións e emocións, establecendo relacións baseadas no respecto mutuo. 👧Para os estudantes supón unha oportunidade de coñecer a historia da man dos seus protagonistas e de aprender valores de emprendemento, de esforzo, de superación e de adaptación; para as persoas maiores voluntarias sentirse escoitadas, útiles e recoñecidas; e para a comunidade educativa a oportunidade de experimentar con novas modalidades de aprendizaxe non formal. 1ª sesión: a experiencia vivida 2ª se

Caligramas en 1º ESO.

Os alumnos de Lingua galega 1º de ESO crearon os seus caligramas ou ben con poemas de autores da Literatura galega.   GALERÍA DE IMAXES