Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2017

En lembranza de Xohana Torres.

Xohana Torres por Laxeiro Preme no enlace para abrir o glog: http://edu.glogster.com/glog/narrativa-xohana-torres/2u5vvds6wj1 NOVA NARRATIVA GALEGA 👉Na década dos 50 , cando se inicia a recuperación da literatura galega , xorde un grupo de mozos que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras, do mesmo xeito que os homes do grupo Nós supuxeran un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, son os integrantes da Nova Narrativa Galega. Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas, viaxeiros por Europa e coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. 👉Aínda que o nome é un calco de Nouveau Roman–movemento contemporáneo francés-, non é esta a única influencia, nin sequera a máis destacábel. Participan da concepción des