Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016

Manuel María no María Sarmiento.

Departamento de Lingua Galega Equipo de Dinamización Lingüística Manuel María por Primitivo Marcos                                     "O idioma é a forza que nos xungue e sostén, ¡Si perdemos a fala non seremos ninguén!" de As rúas do vento ceibe XUSTIFICACIÓN O obxectivo principal deste traballo é a contribución a mellóraa da competencia lectora e ao proceso de normalización lingüística do idioma galego (¡tan abandonado da man de Deus nestes tempos!). Quixera aclarar que o traballo está feito para mellorar a competencia lingüística nesta lingua. Con todo, o autor homenaxeado este ano, Manuel María, dá xogo para ser utilizado en moitos niveis diferentes e como base para traballar a riqueza que supón o plurilingüismo en calquera comunidade. INTRODUCIÓN Con este traballo preténdese dar a coñecer a figura e a obra de Manuel María Fernández Teixeiro no noso instituto, así como analizar unha época de moita importanci