Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

Día da Ilustración, 2017: Álvaro Cebreiro.

O Día da Ilustración foi instituído pola Xunta de Galicia hai catro anos, como parte do seu Calendario do libro e da lectura, tomando a data do 30 de xaneiro, día de nacemento de Alfonso D. R. Castelao .  Este ano, por iniciativa da AGPI —que vén colaborando coa celebración desde o primeiro ano con pequenas actividades—, o Día da Ilustración vese reforzado coa homenaxe a un dos grandes ilustradores galegos históricos, Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956), coa intención de que, ano tras ano, unha figura destacada da ilustración en Galicia reciba un merecido tributo para revalorizar a súa contribución á nosa cultura e á nosa sociedade. A   AGPI  ( Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)  produciu, coa colaboración da Subdirección Xeral de Bibliotecas, un pequeno vídeo para a difusión da súa vida e obra en internet, especialmente nas redes 

Obra literaria de Castelao. Infografía.

Club de lectura 2º PMAR: O neno co pixama de raias

En 2º PMAR lemos O neno do pixama a raias de John Boyne . Completamos a lectura co visionado da película   El pianista e cunha lectura de textos poéticos sobre o Holocausto. POESÍA