Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

Reflexións sobre o Samaín, redes sociais e cabazas.

XUSTIFICACIÓN Hai uns días, lendo en Twitter, atopeime co seguinte titular "Twitter non é para alumnos" de Óscar Boluda. Aparece como post no seu blog de reflexión educativa e Formación Profesional e novas tecnoloxías: eFePeando . Na entrada fai unha análise do desapego dos máis novos por esta rede social ou microblogging que é Twitter (na que tanta fe tiñamos hai algúns anos) á vez que analiza de paso Facebook , YouTube e as favoritas da mocidade Whatsapp ou Snapchat; as dúas últimas claramente "non producen coñecemento" . Subscribo ao cento por cento a análise que fai tendo en conta os hábitos do meu alumnado de Secundaria e coincido en que o uso que os nosos alumnos fan das redes sociais non ten nada que ver co coñecemento. Na entrada do blog, Boluda fai un apartado para os ciclos superiores de Formación Profesional onde si ten cabida e utilidade o uso de Twitter en módulos como o de FOL que se sitúan no campo da procura de emprego ou do emprendimi