Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

Antón Riveiro Coello presenta A ferida do vento.

Antón Riveiro asinando exemplares da súa novela. 📗 En 4º da ESO e 1º de Bac. leron a novela de Riveiro Coello A ferida do vento , moi acaecida para o mes das Letras Galegas este ano adicado a Carlos Casares porque xa o título é un tributo ao autor homenaxeado (Lembremos o títlo de  Vento ferido  alén de ser o propio Casares un personaxe máis da novela). 📙  Antón Riveiro Coello naceu en 1964, en Xinzo de Limi a. Na súa autobiografía dinos: "Cursei estudos de Dereito en Santiago, que abandonei no quinto ano, toquei a guitarra nun grupo de rock, vendín ordenadores, fun funcionario do Estado, da Xunta e, por fin, xa cuns cantos aniños para me meter nestas festas, rematei dedicándome á escrita na que teño sido galardoado nuns cantos certames dos que salientaría o Álvaro Cunqueiro, o García Barros, Café Dublín, Torrente Ballester (finalista), Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, Manuel Murguía, entre outros". 📕 Coa súa amena conversa puidemos saber num

Letras Galegas 2017: Carlos Casares.

Carlos Casares por Primitivo Marcos (Maio,2017) INFOGRAFÍA 📕📗📘 RECOMENDAMOS LER DE CASARES: 🎤🎵🎸 PARA SABER MÁIS.  Hai 50 anos, o 9 de maio de 1967, o cantautor valenciano Raimon ofrecía un concerto nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela. O escritor Carlos Casares, xunto con Salvador García-Bodaño, traduciu as letras do cantante. Aquel recital foi o xerme de todo un movemento reivindicativo posterior que deu pé a aparición de colectivos musiciais como Voces Ceibes , nos últimos anos da ditadura franquista. Deixamos aquí un enlace para ler un artigo sobre o que significaba o cantautor Raimon na Compostela de 1967. Raimon durante o recital no estadio da Residencia o 9 de maio de 1967. Imaxe cortesía da Fundación 10 de maio / Arquivo de Xaime G. Vilasó CANCIÓN "AL VENT" 👉👍📌 A FUNDACIÓN CARLOS CASARES http://fundacioncarloscasares.org/biografia/ 📌📰📌 NA PRENSA #letrasg

Que ben o pasamos no Correlingua 2017 !

Tomando posicións Quentando Cos dorsais xa listas ! Imos a por todas! Preparadas, listas... Véxoo relaxado! Di que vai a por todas! Non sei, non sei! Alcaldesa dá o tiro de saída As do Vilar Ponte tamén estaban alí (disque que para animar ós do Sarmiento) 😜 😜😜😜😜😜😜 Algún gaiteiro polo medio... Chegando á meta. Con que estilo corren algúns!!! Avituallamento a cargo dos negocios do pobo. 👉👉👉O punto de partida do Correlingua, que este ano levaba como lema 'En galego, sen cancelas', estivo no paseo marítimo á altura das instalacións deportivas. 🎈🎈🎈Os máis pequenos, alumnos de infantil, foron camiñando cara a Praza Maior, onde os estaba agardando a música de Cé Orquestra Pantasma . Cé Orquestra Pantasma O resto de participantes fixeron a marcha, ben camiñando ou correndo, pola variante e a travesía, con meta nos xardíns Noriega Varela, onde puideron repoñer forzas con froita e auga.

Visita de Núñez Singala

Con 1º de ESO 📌📌📌 LECTURAS .  Manuel Núñez Singala veu ao noso centro falarnos de dous libros del que lemos este curso: O achado do castro en 1º de ESO e Camiños na auga en 4º da ESO. A activodade compartímola con alumnos do IES Illa de Sarón de Xove. Asinando exemplares 📌📌📌 FAN PREGUNTAS Na presentación a 4º Moi atentas as de 4º

Preparándonos para o Correlingua 2017

😛O martes 9 de maio imos ao Correlingua 2017 que este ano é na nosa localidade, Viveiro. Iremos todos os do 1º Ciclo da ESO. O Correlingua é a celebración dunha serie de carreiras reivindicativas en prol dos dereitos da lingua galega que transcorren polas distintas comarcas de Galiza. 😜En 1º da ESO aproveitamos unha aula de Lingua Galega e outra de Plástica para facermos pancartas que animen a marcha. E como vedes quedaron chulas, chulas!