![]() |
| Tomando posicións |
![]() |
| Quentando |
![]() |
| Cos dorsais xa listas! |
![]() |
| Imos a por todas! |
![]() |
| Preparadas, listas... |
![]() |
| Véxoo relaxado! |
![]() |
| Di que vai a por todas! |
![]() |
| Non sei, non sei! |
![]() |
| Alcaldesa dá o tiro de saída |
![]() |
| As do Vilar Ponte tamén estaban alí (disque que para animar ós do Sarmiento) 😜 😜😜😜😜😜😜 |
![]() |
| Algún gaiteiro polo medio... |
![]() |
| Chegando á meta. Con que estilo corren algúns!!! |
![]() |
| Avituallamento a cargo dos negocios do pobo. |
👉👉👉O punto de partida do Correlingua, que este ano levaba como lema 'En galego, sen cancelas', estivo no paseo marítimo á altura das instalacións deportivas.
🎈🎈🎈Os máis pequenos, alumnos de infantil, foron camiñando cara a Praza Maior, onde os estaba agardando a música de Cé Orquestra Pantasma.
O resto de participantes fixeron a marcha, ben camiñando ou correndo, pola variante e a travesía, con meta nos xardíns Noriega Varela, onde puideron repoñer forzas con froita e auga. Logo foron tamén á praza para seguir coa festa presentada pola actriz Isabel Risco e na que actuou o grupo de Alberto Sobrado, un dos grupos gañadores do concurso Cantalingua que puxeron a nota musical da xornada, na que a lectura do manifesto correu a cargo dos alumnos do CEP Lois Tobío de Viveiro.
🎈🎈🎈Os máis pequenos, alumnos de infantil, foron camiñando cara a Praza Maior, onde os estaba agardando a música de Cé Orquestra Pantasma.
![]() |
| Cé Orquestra Pantasma |
![]() |
| Lendo o Manifesto |
🏆🏆🏆 GAÑADORES Ás gañadoras e gañadores da carreira fixéronlle entrega das medallas María Loureiro e Mónica Pazos.
🎸🎸🎸QUE SABEMOS DEL?
Segundo o Cantalingua:
Roberto Sobrado é música e poesía. Sempre vai haber algún acorde que saia da súa guitarra para encher unha festa, sempre un verso a ilustrar un capítulo da vida.
Comezou con Silvio, Sabina e Serrat, logo deulle por Calamaro e Reixa, mais os seus propios versos e melodías non lles desmerecen a ningún deles nin en forza nin en compromiso.
Curtido no Fonte Sequelo (Compostela) madurou na Cavern (Liverpool) berce, entre outros, dos Beatles. Mais afortunadamente volveu ao país e deulle forma a unha banda que desde entón o acompaña e fai medrar a súa música. Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.
🎸🎸🎸Aquí vos quedan unhas palabras de Roberto sobre a súa música.
Tiñamos máis imaxes, música pero... xa vai ben por hoxe; seguro que ben vos dades conta de que foi unha mañá completiña. Desde aquí o noso agradecemento a todas as persoas e grupos que o fan posíbel.
Até o próximo Correlingua!



















Comentarios
Publicar un comentario