Saltar ao contido principal

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz




O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro.

Agustín no María Sarmiento


Casa dos Pernas (Magazos)

📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariña, o Chalet de Fondón.
Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba
🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García. Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou pois non só procedían da mesma localidade senón que as súas respectivas familias eran amigas de vello. En Cuba, Antonio Pernas consolidou unha gran amizade con Xusto Taladrid Catá, o fundador de Viveiro e  a súa Comarca na Habana, de quen foi tamén un leal colaborador.
Catro anos despois da súa chegada, arribou tamén o seu irmán Marcelino co que primeiro comprou unhas loxas para cabalos e logo os dous irmáns asociáronse con dous emigrantes asturianos para construír un taller téxtil.

Busto de D. Antonio Pernas no Chalet do Fondón

⛴Tiveron moito éxito e en apenas catro anos duplicaron o capital aportado e ampliaron a factoría. Tiña só 20 anos pero Antonio Pernas xa dispoñía dun capital cifrado en 225.000 dólares. Durante a Primeira Guerra Mundial, os Pernas invertiron boa parte do capital da súa empresa en contratar en China un cargamento de seda. Pero o barco que transportaba as manufacturas foi atacado e iso provocou graves prexuízos económicos á firma que, con todo, debido á intensa produción e comercialización dos seus produtos, logrou recuperar a normalidade financeira en pouco tempo. Os Pernas chegaron a contar entre os seus colaboradores con Salvador Dalí, a quen Antonio coñecera nunha das súas viaxes a España. O pintor catalán deseñou varias series de gravatas que foron comercializadas pola firma e cobrou por iso 30.000 pesetas.

🏡A fortuna alcanzada por Antonio Pernas chegou a ser importante. E nun xesto de solidariedade coa súa terra natal iniciou unha suscripción para construír o cemiterio de Magazos e a estrada que vai desde as Escolas Nacionais ao lugar de Fondón. Aportou a maior suma para os traballos, reuniu achegas doutros donantes e foi o promotor e alma mater de ambas obras públicas. Proxectou tamén dotar a Magazos dun campo para festas no lugar de Pontiga pero a morte anticipóuselle. E foi o seu amigo Xusto Taladrid quen se ocupou de cumprir a súa última vontade, segundo el mesmo revelou. Para iso comprou do seu pecunio particular unha leira a Francisco P. Donapetry cuxo prezo axustara o propio Antonio Pernas antes de morrer.

🏰A VISITA Á CASA. Foi moi interesante. Mostróunola unha neta de don Antonio Pernas dándonos explicacións polo miúdo. É unha vivenda situada nunha finca de 10.000 metros cadrados, inspirada no estilo montañés que se plasma en portadas e balcóns, zaguáns, galerías acristaladas, arcos de medio punto escalonados, balaustres, unha torre que individualiza e distingue a casa e un embarcadoiro propio no río. Ten sete habitacións, tres plantas de 300 metros cadrados e un ático. O propio Pernas coidou ao detalle o deseño e a calidade dos materiais. Nos acabados utilizou madeiras de cedro, caoba, carballo, mármores veteados, seda nos forros das paredes... Ese esmero serviu para que o salón principal do Chalet fose galardonado en 1927 co primeiro premio de deseño da Exposición Universal de Barcelona.




Salón galardonado en 1927 co 1º premio de deseño da Exposición Universal de Barcelona.



Berce estilo Napoleón, agasallo das donas do Pazo de Grallal a Maribel Pernas




🌴 EXTERIORES

Estanque





👻MEDO?Ao longo de toda a visita fomos encontrando nos distintos cuartos unhas inquietantes mensaxes non máis sorprendentes lugares.Mesmo aprareceu un libro de gravados do máis sospeitoso...




GALERÍA DE IMAXES





⧫⧫⧫⧫⧫⧫⧫

A visita de Agustin ao noso instituto en xaneiro de 2008 (O Provisional)

🔍CRÉDITOS http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/01/08/antonio-pernas-emigrante-viveiro-hizo-fortuna-cuba-sector-textil/0003_201701X8C4994.htm

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Quen foi Filomena Dato?

Achegámonos a Filomena Dato este mes de marzo por ser unha precursora do feminismo , unha fantástica poeta e a segunda autora, despois de Rosalía, que publicou un libro en galego no s. XIX.  INFOGRAFÍA Texto "Las literatas. Carta a Eduarda en pdf

Obra literaria de Castelao. Infografía.