Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Armad@s con poesía para o 25 de novembro.

No que vai de ano, 43 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou exparellas, en total 971 desde o 1 de xaneiro de 2003, cando se empezaron a contabilizar. Estas son as vítimas mortais da violencia machista no que vai de ano, segundo o balance do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, actualizado a 23 de outubro. Ademais, hai un caso en investigación: a muller atopada morta o 16 de xullo na Orotava (Tenerife), que tiña dúas fillas e que tamén foron asasinadas. As tres foron asfixiadas e o pai de familia aforcouse.  Ata 33 menores quedaron orfos e 27 nenos foron asasinados por violencia machista desde 2013.  Pois nós, o Departamento de Lingua Galega imos falar disto con poesía. Coa poesía pódese falar de calquera cousa. Esta vez eliximos María Reimóndez. 📘 O libro que lemos é Moda galega , publicado no 2001 . 📕 Aqueles alumnos que prefiren a prosa leron o libro de Chimamanda Ngozi Adichie: Todos teriamos que ser feministas

Samaín, cabazos, cómic e magosto.

Outro ano máis preparamos o Samaín traballando a banda deseñada no 1º ciclo da ESO ao tempo que facemos un concurso de decoración de  cabazos. 🎃 Cabazos 💐 Diplomas e premios  🌰 Magosto Vídeos

Prexuízos lingüísticos.Unha reflexión que fan os alumnos de PMAR.

OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS. En Galicia fálanse dúas linguas pero non están nunha situación semellante, sobre unha delas recaen moitos prexuízos que producen como consecuencia que moita xente non a empregue e, nalgúns casos, que os falantes da outra lingua critiquen a quen a fala.  Por número de falantes o galego ocupa o lugar 160 entre as 6.900 linguas do mundo, o lugar 23 entre as 150 linguas europeas, e é máis falado ca algunhas linguas oficiais de Europa como o eslovaco, esloveno, maltés, islandés, escocés... En internet o galego está entre as 30 linguas máis usadas no mundo. Os prexuízos lingüísticos son sentimentos negativos que algunhas persoas teñen sobre unha lingua ou os seus falantes. En Galicia fálanse dúas linguas pero non están nunha situación semellante, sobre unha delas recaen moitos prexuízos que producen como consecuencia que moita xente non a empregue e, nalgúns casos, que os falantes da outra lingua critiquen a quen a fala. É lóxico que non nos

Letras galegas 2018 . Lendo a Mª Victoria Moreno.

Este curso, na terceira avaliación, lemos libros de María Victoria Moreno ,   a autora homenaxeada este ano nas Letras galegas ( a cuarta muller en 56 anos!) No segundo ciclo da ESO leron Anagnórise , asistiron a unha adptación teatral da obra que foi fantástica e fixeron traballos sobre a autora e a súa obra. ANAGNÓRISE Limiar Teatro LEONARDO E OS FONTANEIROS No 1º ciclo da ESO a obra que leron foi Leonardo e os fontaneiros e asistiron a unha adaptación teatral

Encontro lector con Ledicia Costas.

Despois de ler  A señorita Bubble en 1º de ESO tivemos a sorte de contar coa autora no noso centro. Ledicia Costas contounos cousas do seu oficio de escritora, unha das máis recoñecidas dentro do mundo da literatura xuvenil, e do proceso creador desta novela ao igual que algún pequeno secreto de cando ela era alumna de instituto. No segundo ciclo da ESO leron Un animal chamado néboa. O encontro foi moi interesante.

Día da Poesía 2018.

Quen foi Filomena Dato?

Achegámonos a Filomena Dato este mes de marzo por ser unha precursora do feminismo , unha fantástica poeta e a segunda autora, despois de Rosalía, que publicou un libro en galego no s. XIX.  INFOGRAFÍA Texto "Las literatas. Carta a Eduarda en pdf

Entrevistas para o 8 de marzo. Muller e deporte: a loita de brazos.

A nosa colaboradora da biblioteca, Laura Crego O Departamento de Lingua Galega xunto co EDLG propuxémoslle ao alumnado achegarnos ao 8 de marzo, Día da Muller¹, cunha serie de entrevistas a mulleres vencelladas ao noso centro.  A primeira entrevista foi para Laura Crego , alumna do Ciclo de Xestión Administrativa e colaboradora voluntaria na biblioteca do centro. Laura cursou o Ciclo Superior de Ilustración e logo Deseño Gráfico. Actualmente prepara oposicións a Correos. Forzas non lle faltan! Esta campioa forma parte do Equipo de Loita de Brazos de Ourol , un deporte así considerado en numerosos países e que en España aínda non está recoñecido como tal; de momento considérase incluílo nos Xogos Paralímpicos. Está regulado, hai árbitros e para os torneos participan árbitros internacionais. É un deporte moi técnico a pesares do que poda parecer. Fai falla forza, evidentemente, pero é imprescindíbel usar o sistema de pancas e analizar ao rival. É un pouco parecido ao pulso

A muller na Formación Profesional, I

Talleres do Ciclo de Carrozaría 📌Sara Escalera imparte o módulo Elementos Estruturais do Vehículo no Cliclo Medio de Carrozaría e Preparación de Superficies na Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos. Enxeñeira de Obras Públicas e Enxeñeira Técnica Forestal, preparación non lle falta.En directo mostra o lado máis positivo do seu traballo, inda que en privado non esquece algunhas dificultades dos comezos.  É unha muller entre homes. E entre rapaces novos. Non hai unha soa alumna no Ciclo. 📌Miriam López e Paula Díaz de 2º Bac. fixéronlle unha entrevista no taller de Carrozaría.

Entrevistas para o 8 de marzo, Día da Muller.

Bullet journal, páxina O Departamento de Lingua galega e Literatura xunto co EDLG   acordamos achegarnos ao Día da Muller 2018 cunha serie de entrevistas a profesoras e alumnas da Formación Profesional. Queriamos visibiliar a muller na FP , un ámbito que en determinados ciclos é case un reduto dos homes. A entrevista é un xénero xornalístico que se caracteriza por presentar ao lector o diálogo mantido entre o entrevistador e o personaxe. É un xénero moi utilizado na radio e na televisión. Os participantes na entrevistas coñecen con anterioridade o tema, a finalidade e o lugar onde esta se vai producir. Bullet journal 2  Existen dous tipos fundamentais de entrevista: Entrevista informativa : interesa o que di a persoa porque viviu unha determinada experiencia, porque é experta no tema que se trata ou porque se quere saber a súa opinión sobre ese tema.Fundamentalmente fixéronse entrevistas deste tipo. Entrevista de personaxe : o obxecto de interese

Vaise o Pergamiño Vindel.

Non é posíbel estudar o Pergamiño Vindel sen falar de Galicia ou entender Galicia sen este documento. Esta xoia pertence ao período cultural máis esplendoroso da nosa terra. Galicia é un dos reinos máis antigos de Europa, á que chegaron numerosos pobos, como os celtas, os romanos ou os suevos; todos eles deixan a súa pegada, tanto na lingua como na sociedade. Parte da súa riqueza estriba nesta simbiose de culturas. Ademais da multiculturalidade, existe outro factor fundamental en Galicia, que inflúe directamente na súa literatura, e é a súa natureza: a fertilidade das terras, bañadas polo mar e a choiva, a abundante fauna e flora e a súa localización estratéxica. Todos estes factores conforman o que somos, o que fomos. Cartel da exposición do Museo do Mar. Procedente da Morgan Libray & Museum de Nova York,  o Pergamiño Vindel chegou a Galicia para a súa exhibición pública, por vez primeira na historia, no marco dunha exposición promovida pola Xunta de Galicia e pola Unive

Día de Rosalía 2018, II: Unha performance.

Toxo, Rosalía e Celeiro 🖈 "Performance" é un anglicismo, un vocábulo do inglés que significa actuación, representación. A "Arte performativa" difundiuse moito a partir dos anos 60 e utilizou fundamentalmente o corpo como medio de representación.Porén xa a principios do Século XX hai unha serie de movementos de vangarda que van utilizar os circuítos alternativos de exposición xogando sempre co corpo. Grupos como os dadaístas , futuristas , surrealistas usan este tipo de accións. O violín de Ingres ,1924,  Man Ray 🖈 Dentro das representacións performativas temos diferentes tipos: teatro, danza, poesía, instalacións performativas,.. Tamén presentan desventaxas: non temos un obxecto físico que levemos á casa; a performance é un acto nun momento determinado. Só pode quedar constancia con fotografías e vídeos. 🖈 Un dos maiores representantes da acción performativa foi Joseph Beuys. Orientaba as súas pperformances á crítica social , como xeito