Saltar ao contido principal

Prexuízos lingüísticos.Unha reflexión que fan os alumnos de PMAR.


OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS.

En Galicia fálanse dúas linguas pero non están nunha situación semellante, sobre unha delas recaen moitos prexuízos que producen como consecuencia que moita xente non a empregue e, nalgúns casos, que os falantes da outra lingua critiquen a quen a fala. 
Por número de falantes o galego ocupa o lugar 160 entre as 6.900 linguas do mundo, o lugar 23 entre as 150 linguas europeas, e é máis falado ca algunhas linguas oficiais de Europa como o eslovaco, esloveno, maltés, islandés, escocés... En internet o galego está entre as 30 linguas máis usadas no mundo.

Os prexuízos lingüísticos son sentimentos negativos que algunhas persoas teñen sobre unha lingua ou os seus falantes. En Galicia fálanse dúas linguas pero non están nunha situación semellante, sobre unha delas recaen moitos prexuízos que producen como consecuencia que moita xente non a empregue e, nalgúns casos, que os falantes da outra lingua critiquen a quen a fala.

É lóxico que non nos guste que se nos xulgue sen coñecernos, que se pense algo de nós simplemente pola lingua que falamos. Isto que pasa en Galicia co galego e o castelán non pasa con outras linguas.O normal sería que en Galicia a xente falase galego, como en Castela castelán e en Inglaterra inglés pero en Galicia non ocorre así porque existen dúas linguas. Neste caso o normal sería que a xente puidese expresarse libremente en calquera delas. 

Usar unha lingua non significa só poder falala senón tamén poder realizar as actividades cotiás nesa lingua (ir ao cine, xogar cos videoxogos, ler os xornais, escoitar música…). A realidade en Galicia é que os  castelanfalantes si poden realizar todas esas actividades en castelán pero os  galegofalantes non teñen as mesmas oportunidades (probade, por exemplo,  a intentar ver un dvd en galego, seguramente habedes atopar que ten versión en inglés, castelán, catalán… pero non en galego, xa non digamos intentar ver unha película en galego no cine ou poder escoitar música actual en galego…).

Se as dúas linguas estivesen na mesma situación na sociedade, os falantes das dúas linguas terían os mesmos dereitos, pero isto non sucede. Os prexuízos lingüísticos, neste caso, supoñen unha discriminación para os galegofalantes.

Tirado de http://cotovia.org/




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...