Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p

Lendo a Agustín Fernández Paz.

  Desde o EDLG do IES da Pobra do Caramiñal pídennos colaborar coa xenial iniciativa normalizadora que xa vai polo 5º ano 21 días co galego  . Este ano fan unha especial homenaxe a Agustín Fernández Paz, que foi o padriño da primeira edición. Desde o noso centro enviamos dúas recomendacións lectoras: Catalina Rivera López e Pedro José Cheo Ramos , alumnos de 1º de Bacharelato de adultos e a súa profesora Luz Sierra leron Non hai noite tan longa e Rosalía (2º ESO ) e Sabela , nai e filla, leron A neve interminable.

Día Internacional da Muller, 2017