Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

Imos ao teatro. Cousas de Castelao por Os Quinquilláns.

👀 Sesión de teatro . O día 2 de decembro 4º da ESO e 1º de Bac fomos ao Teatro Pastor Díaz con alumnos do IES de San Cibrao para ver a adaptación de COUSAS , a máis coñecida das obras de Castelao, e despois de lermos o libro. 👀 Os Quinquilláns . Cunha escenografía moi coidada, Os Quinquilláns representan moitas das escenas e personaxes da xenial e atemporal obra, adaptada ao teatro por eles mesmos. De novo estamos ante unha colaboración coa Editorial Galaxia , que se encarga da súa distribución. 👀 Temática.  Na adaptación teatral recóllense moi ben os temas máis destacados da obra narrativa de Castelao como pode ser o reflexo das clases máis desfavorecidas do seu tempo: abregos, mariñeiros, emigrantes,... GALERÍA DE IMAXES