Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

Léxico para o 25 de novembro.Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Contra o machismo lingüístico. Dibuxo de Elena en El País GLOSARIO COMPLETO  DE TERMOS DE POLÍTICAS DE  IGUALDADE E ESTUDOS EN XÉNERO (Univ. de Vigo)  LIGAZÓN. 🔵 Carteis do 25 de novembro para todo o ano. Léxico para o 25 de novembro by Slidely Slideshow

Celebramos un magosto festeiro!

Castiñeiro por Rafa Ramos en Natureza de Galicia (Grupo de Facebook) Nunha terra primordialmente campesiña e forestal como era Galicia , as árbores eran esenciais na vida cotiá: combustíbel, construción ( trabes ), ferramentas ( carro ), menciñas ( plantas medicinais ), alimento (froiteiras ) etc, polo que o sentido espiritual non era tampouco raro. Todos os trebellos que arrodeaban a vida dunha persoa dende o seu nacemento até o seu enterro (nunha caixa de madeira ), proviñan das árbores.  Da  Galipedia  Mirade o que dicía Castelao :

Día Mundial do Retrete. World Toilet Day.

Imaxe: ONGAWA Ingeniería para el Desarrollo Humano (ONG) 💧 O Día Mundial do Retrete pode soar para algúns como unha broma, pero en realidade non é así. Cerca de 4.500 millóns de persoas aínda carecen de aseos seguros ou servizos de saneamento que eliminen os excrementos e os traten con seguridade.  💧 Os bebés e os neno s son os máis afectados e máis de 360.000 nenos menores de cinco anos morren cada ano debido á diarrea, unha enfermidade común e prevenible causada pola auga e o saneamento inseguros. Neste momento, hai un brote de cólera e diarrea acuosa aguda en Yemen e no Corno de África, con máis de 750,000 persoas afectadas ata a data. Así de importante é a sanidade segura para todos. Imaxe  Worldtoiletday 💧 Se a situación para os nenos é difícil, non o é menos para as mulleres e adolescentes que carecen de váter onde podan facer as necesidades cun mínimo de intimidade. INFOGRAFÍA ⛔  É por iso que debemos concienciarnos do problema de care

I Concurso de microrrelatos matemáticos. Mes da Ciencia en galego.

Algúns términos léxicos das matemáticas. Aquí van algúns dos termos léxicos máis utilizados e dos que podedes botar man nos vosos microrrellatos. Termos Esenciais De Matemáticas Como se presenta o microrrelato? Necesitas dous sobres; un deles debe coller dentro do outro. ⏩ O MICRORRELATO O microrrelato é un texto breve en prosa, de natureza narrativa e ficcional, que usando unha linguaxe precisa e conciso sérvese da elipse  para contar unha historia sorprendente a un lector. Microconto, conto brevísimo ou miniconto son as denominacións dadas para un conxunto de obras diversas cuxa principal característica é a brevidade do seu contido. ⏩ EXEMPLOS 1 Ai! -dixo o rato-. O mundo faise cada día máis pequeno. Ao principio era tan grande que lle tiña medo. Corría e corría e por certo que me alegraba ver eses muros, a diestra e sinistra, na distancia. Pero esas paredes estréitanse tan rápido que me atopo no último cuarto e aí no recuncho está a tra

Cabazas e banda deseñada para o Samaín 2017.

Chega   o 31 de novembro, o Día de Santos, o Samaín ...  e de novo volvemos a celebralo no centro cunha exposición de cabazas (calabazotes, calacús) que fan os alumnos do 1º ciclo da ESO xunto cun cómic co tema do Samaín. Velaquí vos deixamos algunhas mostras. Banda deseñada Dándolle á lingua! Samaín, Jessica e Laura O magosto, Gabriela, Ainara  e Paula Castañas e piollos, Anxo Calduda, Nerea, Ainé e Anaray

Un manifesto en contra dos incendios.

Despois da vaga de incendios que asolagou Galicia este ano, especialmente o domingo 15 de outubro, día que se xuntaron a seca pertinaz dos últimos meses, os ventos que traía o furacán Ophelia  e a colaboración dos terroristas medioambientais que buscaron esa confluencia,  alumnos de 3º da ESO escribiron un manifesto en contra dos incendiarios de montes e fixeron un cartel para presentarnos o seu manifesto. Texto do manifesto: Manifesto Publish at Calameo Lecturas para un manifesto.Lecturas poéticas. Antón Avilés de Taramancos e Novoneyra Para Un Manifesto  

ImageChef, unha ferramenta 2.0 divertida.

📷Que é Imagechef?  É unha divertida ferramenta 2.0 para deseñar e personalizar fotos, nomes, letreiros, nubes de palabras, retratos, etc. Resulta moi útil para crear fotos de perfil de usuario e tamén para ilustrar entradas nos nosos blogs e webs. O seu uso é moi sinxelo e non necesita rexistro previo . Imagechef ofrece gran cantidade de deseños, estáticos e interactivos, ordenados temáticamente. É unha ferramenta moi rechamante para os alumnos. 📷 Como funciona? N on é necesario rexistrarse para usar Imagechef. Comezamos facendo clic en "crear" e entramos na páxina "todos os modelos " xa que aí atopamos todas as posibilidades de imagechef. Na barra lateral esquerda están os tipos de deseños e no centro da páxina os temas. Facemos clic no que nos interesa e abrirase unha páxina co modelo, o cadro de texto para escribir a mensaxe e as diferentes opcións segundo o tipo de deseño. Unha vez rematado podemos compartir os nosos deseños en redes soc