Saltar ao contido principal

ImageChef, unha ferramenta 2.0 divertida.



📷Que é Imagechef? É unha divertida ferramenta 2.0 para deseñar e personalizar fotos, nomes, letreiros, nubes de palabras, retratos, etc. Resulta moi útil para crear fotos de perfil de usuario e tamén para ilustrar entradas nos nosos blogs e webs. O seu uso é moi sinxelo e non necesita rexistro previo. Imagechef ofrece gran cantidade de deseños, estáticos e interactivos, ordenados temáticamente. É unha ferramenta moi rechamante para os alumnos.

📷Como funciona? Non é necesario rexistrarse para usar Imagechef. Comezamos facendo clic en "crear" e entramos na páxina "todos os modelos" xa que aí atopamos todas as posibilidades de imagechef. Na barra lateral esquerda están os tipos de deseños e no centro da páxina os temas. Facemos clic no que nos interesa e abrirase unha páxina co modelo, o cadro de texto para escribir a mensaxe e as diferentes opcións segundo o tipo de deseño.



Unha vez rematado podemos compartir os nosos deseños en redes sociais, envialos por email, gardalos no ordenador ou incrustalos a través do código necesario.


💻 Utilidades didácticas: Iniciar aos alumnos nas ferramentas 2.0 creando avatares nos cales expresan os seus gustos e personalidade. Oportunidade para ensinar aos alumnos a descargar as fotos, gardalas no ordenador ou memoria USB e envialas por email.
Utilizar estas fotos personalizadas como fotos de perfil en blogs, plataformas educativas ou redes sociais utilizadas en clase.
Crear letreiros para ambientar e ilustrar traballos de clase.


💻 Videotitorial.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Francisco Fernández del Riego. Sopa de letras.

Fernández del Riego na Fundación Penzol 👉 Sopa de letras