Saltar ao contido principal

Día Mundial do Retrete. World Toilet Day.

Imaxe: ONGAWA Ingeniería para el Desarrollo Humano (ONG)

💧 O Día Mundial do Retrete pode soar para algúns como unha broma, pero en realidade non é así. Cerca de 4.500 millóns de persoas aínda carecen de aseos seguros ou servizos de saneamento que eliminen os excrementos e os traten con seguridade. 
💧 Os bebés e os nenos son os máis afectados e máis de 360.000 nenos menores de cinco anos morren cada ano debido á diarrea, unha enfermidade común e prevenible causada pola auga e o saneamento inseguros. Neste momento, hai un brote de cólera e diarrea acuosa aguda en Yemen e no Corno de África, con máis de 750,000 persoas afectadas ata a data. Así de importante é a sanidade segura para todos.

Imaxe  Worldtoiletday

💧 Se a situación para os nenos é difícil, non o é menos para as mulleres e adolescentes que carecen de váter onde podan facer as necesidades cun mínimo de intimidade.

INFOGRAFÍA




⛔ É por iso que debemos concienciarnos do problema de carencia de latrinas para tantas persoas e de como as usamos nós no noso instituto. Moitas veces non se poden usar porque están ateigadas de papeis e outros materiais.Alén diso, sabemos que a auga é un ben escaso, o cambio climático é unha realidade e debemos actuar en consecuencia.

Cartel da campaña ONGAWA 2017

👉  RECURSOS PARA SABER MÁIS
















 

 👉 PROPOSTA EDUCATIVA. O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral da ONU adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948.
A Declaración, cuxo borrador redactaron representantes de distintos contextos xurídicos e culturais de todo o mundo, expón valores universais e un ideal común para todos os pobos e nacións. Ademais, establece que todas as persoas teñen a mesma dignidade e o mesmo valor.


Grazas a este documento, que coas súas versións en 500 idiomas converteuse no máis traducido do mundo, e o compromiso dos Estados cos seus principios, a dignidade de millóns de persoas viuse fortalecida, e sentáronse as bases dun mundo máis xusto. Aínda que quede camiño por percorrer para que as promesas que encerra se cumpran plenamente, o feito de que a Declaración perdurara no tempo é proba inequívoca da universalidad imperecedeira dos  valores eternos sobre a equidade, a xustiza e a dignidade humana.

👉 O Artigo 25


1.Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais precisos; ten tamén dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez e vellez e outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.


2. A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e a asistencia especiais. Todos os nenos e nenas, nacidos de matrimonio ou fóra do matrimonio, teñen dereito á mesma protección social.

👉 Un cartel. Por que non facemos un cartel para o 10 de decembro que recolla a necesidade do saneamento eficiente para todos? Este é un dos  Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas. Para o ano 2030, a caca de todos debería ser contida, transportada, tratada e eliminada de xeito seguro e sostible.

👉 Características. O cartel pódese facer en cartolina ou en formato dixital. Chegaría cunha cartolina DIN  A 4. Nalgún lugar do cartel debe figurar   "10 de decembro, Declaración Universal dos Dereitos Humanos" e unha referencia ao artigo 25 e á nosa reivindicaciónn, o #World Toilet Day. 
Unha boa ferramenta para facelos en formato dixital é Canva

👉Premios. Os tres mellores traballos levarán de premio bonos para gastar na cafetaría  de Victor (a mellor cafetaría do instituto!)

👉 Entrega. Os traballos entregaránselle a calquera dos compoñentes do EDLG ate o 5 de decembro do 2017.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...