Saltar ao contido principal

I Concurso de microrrelatos matemáticos. Mes da Ciencia en galego.



Algúns términos léxicos das matemáticas.

Aquí van algúns dos termos léxicos máis utilizados e dos que podedes botar man nos vosos microrrellatos.




Como se presenta o microrrelato?

Necesitas dous sobres; un deles debe coller dentro do outro.



⏩ O MICRORRELATO

O microrrelato é un texto breve en prosa, de natureza narrativa e ficcional, que usando unha linguaxe precisa e conciso sérvese da elipse para contar unha historia sorprendente a un lector. Microconto, conto brevísimo ou miniconto son as denominacións dadas para un conxunto de obras diversas cuxa principal característica é a brevidade do seu contido.

EXEMPLOS

1

Ai! -dixo o rato-. O mundo faise cada día máis pequeno. Ao principio era tan grande que lle tiña medo. Corría e corría e por certo que me alegraba ver eses muros, a diestra e sinistra, na distancia. Pero esas paredes estréitanse tan rápido que me atopo no último cuarto e aí no recuncho está a trampa sobre a cal debo pasar.

-Todo o que debes facer é cambiar de rumbo -dixo o gato... e comeuno.

UNHA PEQUEÑA FÁBULA

Franz Kafka 

2
...o drama do desencantado que se arroxou á rúa desde o décimo piso, e a medida que caía ía vendo a través das fiestras a intimidade dos seus veciños, as pequenas traxedias domésticas, os amores furtivos, os breves instantes de felicidade, cuxas noticias non chegaran nunca ata a escaleira común, de modo que no instante de rebentarse contra o pavimento da rúa cambiara por completo a súa concepción do mundo, e chegara á conclusión de que aquela vida que abandonaba para sempre pola porta falsa valía a pena de ser vivida.

O DRAMA DO DESENCANTADO

Gabriel García Márquez

3

Xamais se soubo de onde viña. Uns dicían que era o alento dun dragón; outros que non era cousa deste mundo, e outros que non eran máis ca contos cos que meter medo os rapaces; mentres que os máis chistosos chanceaban dicindo que aquilo era o flato do demo.
Sexa o que fora, falábase dun cheiro arrepiante; un cheiro que chegaba sen avisar. Nada mais ulilo, deseguido consumábase a fatalidade, pois homes e mulleres toleaban, mentres os seus miolos convertíanse en fosfatina, pouco a pouco, sen que se desen conta.
Era un raro cheirume que percorría o planeta, de un lado para outro. Viaxaba rápido, a golpe de vento, levando consigo a soidade, o sufrimento, a morte, e disto sábese dende que o home tivo a capacidade de perpetuar as súas lembranzas.
Sempre chegaba de súpeto. Ninguén podía velo vir; non tiña cor, nin tampouco forma, e ademais gustáballe viaxar na escuridade.
As lendas contan como pobos enteiros foron arrasados o longo da historia, tamén se fala de barcos a deriva sen tripulación..., seica houbo xente co perseguiu, pero o final sempre desaparecía sen deixar mais rastro cun regueiro de morte e desesperanza.
Era un vento que viaxaba só...

Era un vento ferido.


A CARRAXE DUN CHEIRUME

Emilio Iglesias

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...