Saltar ao contido principal

Día de Rosalía 2018, II: Unha performance.

Toxo, Rosalía e Celeiro


🖈"Performance" é un anglicismo, un vocábulo do inglés que significa actuación, representación.
A "Arte performativa" difundiuse moito a partir dos anos 60 e utilizou fundamentalmente o corpo como medio de representación.Porén xa a principios do Século XX hai unha serie de movementos de vangarda que van utilizar os circuítos alternativos de exposición xogando sempre co corpo. Grupos como os dadaístas, futuristas, surrealistas usan este tipo de accións.


O violín de Ingres,1924,  Man Ray

🖈Dentro das representacións performativas temos diferentes tipos: teatro, danza, poesía, instalacións performativas,.. Tamén presentan desventaxas: non temos un obxecto físico que levemos á casa; a performance é un acto nun momento determinado. Só pode quedar constancia con fotografías e vídeos.

🖈Un dos maiores representantes da acción performativa foi Joseph Beuys. Orientaba as súas pperformances á crítica social, como xeito de concienciar á xente sobre distintos feitos que le afectaban á sociedade. É o máximo representante do grupo Fluxus.




🖈A arte conceptual valoriza máis a idea por detrás da obra do que o produto acabado, sendo que, ás veces, este nin mesmo precisa existir. As súas expresións son bastante variadas e abranguen a fotografía, o vídeo, os textos, as performances, as instalacións, a expresión musical entre outros elementos das linguaxes artísticas. O termo arte conceptual foi usado por primeira vez nun texto de Henry Flynt, en 1961, relacionado coas actividades do Grupo Fluxus.

Non existen límites moi ben definidos para que unha obra sexa considerada conceptual, pois entre súas intencións, a interpretación de ideas, conceptos, críticas ou denuncias son as máis presentes. O obxectivo é que o observador reflita sobre o ambiente, así como a violencia, o consumo e a sociedade, que son preocupacións básicas da arte contemporánea.
🖈Happening (da palabra inglesa que significa acontecemento, ocorrencia, suceso) é toda experiencia que parte da secuencia provocación-participación-improvisación. Ten a súa orixe na década de 1950 e considérase unha manifestación artística multidisciplinaria. Aínda que se relacionaron co pop-art e o movemento hippie, os happenings intégranse dentro do conxunto do chamado performance art.
Podemos citar como representante ao fotógrafo estadounidense Spencer Tunick.


Barcelona, 2003

Ámsterdam, 2007
Sidney, 2010
🖈Land Art. Éunha corrente da arte contemporánea na que a paisaxe e a obra de arte están estreitamente enlazados. Utiliza a natureza como material (madeira, terra, pedras, area, vento, rocas, lume, auga etc.) para intervir en si mesma. A obra xerada é a partir do lugar no que se intervén, que algunhas veces parece un cruzamento entre escultura e arquitectura, noutras un híbrido entre escultura e arquitectura de paisaxe.




Publish at Calameo


🖈A nosa contribución:

Rosalía en Seiramar, 2018


Parque Pernas Peón



PERFORMANCE NA CAFETARÍA 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Francisco Fernández del Riego. Sopa de letras.

Fernández del Riego na Fundación Penzol 👉 Sopa de letras