Saltar ao contido principal

A muller na Formación Profesional, I

Talleres do Ciclo de Carrozaría
📌Sara Escalera imparte o módulo Elementos Estruturais do Vehículo no Cliclo Medio de Carrozaría e Preparación de Superficies na Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos. Enxeñeira de Obras Públicas e Enxeñeira Técnica Forestal, preparación non lle falta.En directo mostra o lado máis positivo do seu traballo, inda que en privado non esquece algunhas dificultades dos comezos.  É unha muller entre homes. E entre rapaces novos. Non hai unha soa alumna no Ciclo.

📌Miriam López e Paula Díaz de 2º Bac. fixéronlle unha entrevista no taller de Carrozaría.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...