Saltar ao contido principal

Entrevistas para o 8 de marzo. Muller e deporte: a loita de brazos.

A nosa colaboradora da biblioteca, Laura Crego

O Departamento de Lingua Galega xunto co EDLG propuxémoslle ao alumnado achegarnos ao 8 de marzo, Día da Muller¹, cunha serie de entrevistas a mulleres vencelladas ao noso centro. A primeira entrevista foi para Laura Crego, alumna do Ciclo de Xestión Administrativa e colaboradora voluntaria na biblioteca do centro. Laura cursou o Ciclo Superior de Ilustración e logo Deseño Gráfico. Actualmente prepara oposicións a Correos. Forzas non lle faltan!
Esta campioa forma parte do Equipo de Loita de Brazos de Ourol, un deporte así considerado en numerosos países e que en España aínda non está recoñecido como tal; de momento considérase incluílo nos Xogos Paralímpicos. Está regulado, hai árbitros e para os torneos participan árbitros internacionais.

É un deporte moi técnico a pesares do que poda parecer. Fai falla forza, evidentemente, pero é imprescindíbel usar o sistema de pancas e analizar ao rival. É un pouco parecido ao pulso español, pero este é o pulso americano: hai unha asa á que te agarras coa man coa que non loitas, podes mover as pernas (sempre que teñas unha no chan, podes colgarte,....En resume: usas todo o corpo.



Esta é a entrevista que nos contestou.

Cal é a  participación feminina a nivel de Galicia e de España? Hai árbitros muller?

Actualmente é un deporte de homes maioritariamente.No noso equipo somos dúas mulleres e está comezando unha terceira rapaza. En Noruega, por exemplo, xa admitida a Loita de brazos como deporte, hai moitísimas mulleres practicándoa.En canto a árbitros, hai una rapaza de Madris, Sofía que ten todos os cursos e arbitrou na Copa de España. A nivel internacional tamén hai moi poucas mulleres árbitro.


Equipo de Ourol

Como te sentiches acollida nun deporte tan marcadamente musculoso?

No  equipo de Ourol encontreime moi ben, como unha máis. A nivel nacional vexo discriminación en canto ás mulleres, xa  que só podemos competir cun brazo mentres que os homes poden competir cos dous. Isto terá que mellorarse.

Cales son as túas expectativas máis inmediatas neste deporte?

Agora mesmo estou preparando o Campionato Nacional que será o 12 de maio en Ourol organizado polo noso equipo.

Contades con apoios da Administración?

O concello e algúns negocios da zona axúdannos moito, durante todo o ano e estamos moi agradecidos.


Aínda se pode mellorar na Loita de brazos; as mulleres podemos competir cos dous brazos igual que os homes.
Que entrenamento tés?

Moitos entrenamentos específicosde brazo e pulso. Entreno cinco días á semana no ximnasio e un ou dous días intento facer mesa co equipo. Paso as mañás no ximnasio e cando teño un oco collo a Powerball.

Podes escoitar o audio:






Finalmente, como deportista de Loita de brazos , un deporte maioritariamente de homes, ves necesaria a loita pola igualdade das mulleres?

Por supsto que si; de feito actualmente mirando as Redes Sociais vemos os casos de deportistas que acadan grandes logros e nos titulares de prensa  fálase máis de entrenadores, do noivo, da saia que levaba.. e nese aspecto hai que facer moitos cambios que serán lentos.

Agradecémoslle a Laura a súa colaboración e desexámoslle moitos éxitos no seu deporte.

As alumnas de 1º de ESO Laura  e Jessica fixéronlle outra entrevista a dous compañeiros do Club de Loita, tamén de 1º. Laura entrena, pero non compite porque aínda non domina a técnica. Julen aínda non compite e Bruno xa ten trofeos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Francisco Fernández del Riego. Sopa de letras.

Fernández del Riego na Fundación Penzol 👉 Sopa de letras