Saltar ao contido principal

Entrevistas para o 8 de marzo, Día da Muller.


Bullet journal, páxina

O Departamento de Lingua galega e Literatura xunto co EDLG  acordamos achegarnos ao Día da Muller 2018 cunha serie de entrevistas a profesoras e alumnas da Formación Profesional. Queriamos visibiliar a muller na FP, un ámbito que en determinados ciclos é case un reduto dos homes.


A entrevista é un xénero xornalístico que se caracteriza por presentar ao lector o diálogo mantido entre o entrevistador e o personaxe. É un xénero moi utilizado na radio e na televisión.Os participantes na entrevistas coñecen con anterioridade o tema, a finalidade e o lugar onde esta se vai producir.


Bullet journal 2

 Existen dous tipos fundamentais de entrevista:

Entrevista informativa: interesa o que di a persoa porque viviu unha determinada experiencia, porque é experta no tema que se trata ou porque se quere saber a súa opinión sobre ese tema.Fundamentalmente fixéronse entrevistas deste tipo.

Entrevista de personaxe: o obxecto de interese é o propio personaxe entrevistado sexa pola súa profesión, a súa relevancia cultural ou a súa condición social.

Bullet journal 3,  semana 
En sucesivas entradas presentarémosvos as entrevistas que se fixeron.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Francisco Fernández del Riego. Sopa de letras.

Fernández del Riego na Fundación Penzol 👉 Sopa de letras