Saltar ao contido principal

Armad@s con poesía para o 25 de novembro.


No que vai de ano, 43 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou exparellas, en total 971 desde o 1 de xaneiro de 2003, cando se empezaron a contabilizar. Estas son as vítimas mortais da violencia machista no que vai de ano, segundo o balance do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, actualizado a 23 de outubro. Ademais, hai un caso en investigación: a muller atopada morta o 16 de xullo na Orotava (Tenerife), que tiña dúas fillas e que tamén foron asasinadas. As tres foron asfixiadas e o pai de familia aforcouse. 
Ata 33 menores quedaron orfos e 27 nenos foron asasinados por violencia machista desde 2013. 

Pois nós, o Departamento de Lingua Galega imos falar disto con poesía. Coa poesía pódese falar de calquera cousa. Esta vez eliximos María Reimóndez.



📘O libro que lemos é Moda galega, publicado no 2001.


📕 Aqueles alumnos que prefiren a prosa leron o libro de Chimamanda Ngozi Adichie: Todos teriamos que ser feministas.


📑 Un terceiro grupo de alumnos traballaron o léxico do feminismo e un cuarto grupo de alumnos traballaron o tema da publicidade con atención especial á perspetiva de xénero.

👉 Recursos para traballar o léxico:

  • Glosario de termos de políticas de igualdade. Aquí.
  • Portal das palabras. Aquí.
👉Recursos para traballar a publicidade. Aquí.

👉Recursos para o comentario: (Como facer un comentario poético por Luz Sierra) Aquí.

🔧Tarefas


📦Algúns  produtos:

📌Audio

 

📌Vídeo



Comentarios






Creación

Léxico
Feminismo, rol, ecofeminismo,...




📜Manifesto

Os alumnos de 2º ESO crearon co profesor Leitón un manifesto en contra de todo tipo de violencias que foi lido no centro e no pavillón municipal: Aquí


Lectura do Manifesto no Pavillón municipal

No segundo ciclo da ESO traballaron a outro nivel a poesía de María Reimóndez, fixeron comentarios e recitaron no centro os seus poemas; para este traballo previo, o departamento elaborou a seguinte  infografía sobre a poesía galega dos últimos tempos:

Infografía

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...