Saltar ao contido principal

Reflexións sobre o Samaín, redes sociais e cabazas.

XUSTIFICACIÓN

Hai uns días, lendo en Twitter, atopeime co seguinte titular "Twitter non é para alumnos" de Óscar Boluda. Aparece como post no seu blog de reflexión educativa e Formación Profesional e novas tecnoloxías: eFePeando.

Na entrada fai unha análise do desapego dos máis novos por esta rede social ou microblogging que é Twitter (na que tanta fe tiñamos hai algúns anos) á vez que analiza de paso Facebook , YouTube e as favoritas da mocidade Whatsapp ou Snapchat; as dúas últimas claramente "non producen coñecemento".

Subscribo ao cento por cento a análise que fai tendo en conta os hábitos do meu alumnado de Secundaria e coincido en que o uso que os nosos alumnos fan das redes sociais non ten nada que ver co coñecemento.

Na entrada do blog, Boluda fai un apartado para os ciclos superiores de Formación Profesional onde si ten cabida e utilidade o uso de Twitter en módulos como o de FOL que se sitúan no campo da procura de emprego ou do emprendimiento.
Finalmente analiza a validez da rede social para os docentes. E aquí a cousa cambia: Twitter é moi interesante para desenvolverse profesionalmente. Twitter ensina. Eu así o creo.

Tamén o fai Facebook. Os grupos pechados de Facebook, grupos de profesores, de mestres, de participantes nun MOOC,.. tamén forman parte do noso PLE como docentes e enriquécennos e axudan en maior ou menor medida na nosa tarefa educativa.

Dun grupo de Facebook xurdiu a pregunta:


Que razóms hai para celebrar o Samaín ?

As respostas foron en grao sumo variadas; pero só me quero centrar nas "positivas". ( Teño que recoñecer que eu non estaba entre elas.Todo o mundo ten un mal día!). Sintetizo só cinco, aínda que hai máis, na seguinte imaxe:



E convénzome de que hai que celebrar o Samaín. No Instituto María Sarmiento faise no Primeiro ciclo da ISO. En 1º de ESO  os alumnos realizan unha banda deseñada e en 2º de ESO expoñen no centro unha cabaza decorada por eles e as súas familias.
Quizá sexa conveniente dicir que o traballo de departamento é un traballo en equipo polo que sae adiante un produto significativo e motivador para os alumnos.

ACTIVIDADES
Como este curso só imparto no primeiro ciclo de ESO un PMAR con 4 alumnas, o meu traballo como membro do Departamento de Lingua Galega será dar soporte visual á exposición dos meus colegas:con dous carteis; nun  sintetízase a evolución do Samaín e no outro  preséntase unha actividade relacionada e que tamén se celebrará no primeiro ciclo, o magosto. Doulle un enfoque que axude a adquirir a competencia lingüística primando os aportes de léxico.

CARTEL 1: O SAMAÍN



CARTEL 2: O MAGOSTO



ESTÁNDARES

Valora a lingua como instrumento co cal se constrúen todos os saberes e como medio de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo a través da identificación de elementos lingüísticos de noso na literatura de tradición oral e no xénero humorístico.
Coñece recursos en rede de lecer (literatura de tradición oral, música e xogos) en lingua galega adaptados á súa idade.
Descrición e caracterización dos trazos definitorios do cómic e a canción como linguaxes artísticas.
Produción de textos sinxelos de intención estética, servíndose dos coñecementos literarios adquiridos e dos recursos retóricos traballados na aula.
Participa con fluidez nas intervencións orais espontáneas respectando as regras morfosintácticas desta lingua, en especial a colocación do pronome átono, así como a fonética galega (pronuncia das sete vogais, n velar e fonema fricativo palatal xordo).
Emprega nas intervencións orais espontáneas expresións propias do galego (fraseoloxía adecuada).
Emprega nas intervencións orais espontáneas un léxico rico e variado.
Intervén en debates e coloquios do ámbito educativo, respectando as regras de interacción.


BANDA DESEÑADA





CABAZAS













collage


RECURSOS TIC

Easel.ly
Canva

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Quen foi Filomena Dato?

Achegámonos a Filomena Dato este mes de marzo por ser unha precursora do feminismo , unha fantástica poeta e a segunda autora, despois de Rosalía, que publicou un libro en galego no s. XIX.  INFOGRAFÍA Texto "Las literatas. Carta a Eduarda en pdf

Obra literaria de Castelao. Infografía.