Saltar ao contido principal

Manuel María no María Sarmiento.

Departamento de Lingua Galega
Equipo de Dinamización Lingüística
Manuel María por Primitivo Marcos
                                   


"O idioma é a forza
que nos xungue e sostén,
¡Si perdemos a fala
non seremos ninguén!"

de As rúas do vento ceibe




XUSTIFICACIÓN


O obxectivo principal deste traballo é a contribución a mellóraa da competencia lectora e ao proceso de normalización lingüística do idioma galego (¡tan abandonado da man de Deus nestes tempos!). Quixera aclarar que o traballo está feito para mellorar a competencia lingüística nesta lingua. Con todo, o autor homenaxeado este ano, Manuel María, dá xogo para ser utilizado en moitos niveis diferentes e como base para traballar a riqueza que supón o plurilingüismo en calquera comunidade.


INTRODUCIÓN

Con este traballo preténdese dar a coñecer a figura e a obra de Manuel María Fernández Teixeiro no noso instituto, así como analizar unha época de moita importancia en Galicia para o proceso de normalización lingüística polas súas ricas manifestacións culturais na nosa lingua.

Achegar a vida e a obra de Manuel María ao alumnado do centro IES María Sarmiento de Viveiro pemítenos traballar moitos dos estándares de aprendizaxe comúns a todos os cursos de Secundaria .


ESTÁNDARES


  • Valora a lingua como medio de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo e móstrase capaz de explicar a súa postura.
  • Describe e analiza a situación socio-lingüística de Galicia.
  • Coñece as principais iniciativas normalizadoras da lingua galega.
  • Comprende o concepto normalización e explica o proceso normalizador do galego.
  • Analiza a súa propia práctica lingüística e valora a importancia de contribuír individual e socialmente á normalización da lingua galega.
  • Le autonomamente obras ou textos representativos da literatura galega, resume o seu contido, sinala os seus trazos característicos definitorios e relaciónaos co contexto histórico, cultural e sociolingüístico do período da literatura galega correspondente.
  • Compara textos literarios dunha mesma época ou período ou de diferentes épocas e períodos atendendo aos seus principais contidos, sinala os seus trazos característicos definitorios e pon todo en relación co contexto histórico, cultural e sociolingüístico da(s) época(s) ou de o(s) período(s).
  • Le expresiva, comprensiva e/ou dramatizadamente textos narrativos, poéticos, teatrais e ensaísticos representativos da literatura galega.
  • Elabora traballos individual e/ou colectivamente, nos que se describen e analizan textos representativos da literatura galega.

OBXECTIVOS


Os obxectivos son dar a coñecer a vida e a obra do Poeta dá Terra Cha ao maior número de alumnos do centro, implicalos na lectura das súas obras e visualizar o seu traballo a toda a comunidade educativa. Desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, colocamos na entrada do centro unha serie de infografías:


Vida


Obra poética. Líña do tempo.



Traballo para 1º de ESO


Logo da lectura de Os soños na gaiola os alumnos de 1º fixeron caligramas e debuxos relacionados con algún poema do libro. Estes traballos servirán á Biblioteca do noso centro para unha exposición conxunta das bibliotecas escolares da Mariña lucense.

A fouce

O meu barco

O caracol e O cuco

A festa do patrón


Scratch no Departamento de Tecnoloxía


En Programación informática de 1º de ESO, que imparte María José Riveira, traballan con Scratch:


Álvaro e Rosalía, 1º C


En 2º de ESO

Neste curso o alumnado creou mapas visuais sobre as distintas temáticas da obra poética de Manuel María.

O intimismo en Manuel María

1º ciclo da ESO. Algúns traballos.





O Departamento de Francés tamén se sumou a esta homenaxe manuelmariana cunha orixinal exposición de textos do autor en francés que crearon os alumnos de 2º da ESO coordinados pola profesora Mª José Veiga:






3º de ESO

Os alumnos de 3º leron unha antoloxía de poemas do autor e crearon un mural coa temática da súa poesía. O primeiro paso foi ler un poema seleccionado por cada alumno e tratar de reflectir o tema nunha ilustración ou en banda deseñada (cómic). Quero dicir que somos debedores durante todo o curso do Proyecto colaborativo No me cuentes historias, ¡Dibújamelas!  que seguimos desde que se comezou e que tanto nos inspira e orienta. Desde aquí o meu agradecemento por todo canto aportan á educación. Posteriormente completamos o comentario de texto traballando aspectos que non viramos nas outras avaliacións como é a "Localización" do texto e a "Estrutura".





Mural







Videopoemas

En 3º tamén estamos creando videopoemas con Movie Maker para o Proxecto Colaborativo As Nosas Letras (Un blog colaborativo para celebrar ou Día das Letras Galegas). Os alumnos despois de ler un poema fan unha montaxe con imaxes e música.

Louvanza das zocas vilalbesas chamadas chinelas


Poema ós cruceiros da Terra Cha

Ítaca

O noso amor

4º ESO



En 4º Diversificación limos Terra Cha e para analizar a súa estrutura, a súa temática e unha mellor comprensión do léxico debuxaron mapas mentais cos que fixeron un mural para expoñelos.












Obra dramática. Síntese temática.



Creando personajes

Co obxectivo de ler a obra teatral Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela e facer unha dramatización con marionetas no noso guiñol en tempo récord montamos un pequeno taller de creación de personaxes para telos esta semana e facer a primeira lectura en 4º Diversificación. Somos conscientes de que nos quedaron un pouco simples, aínda que a experiencia gustounos e volverase a repetir. En dúas sesións, cun pouco de goma Eva, tesoiras, uns cantos calcetíns vellos e silicona estabamos preparados para a lectura.


Berenguela, a espiña de toxo
Berenguela, crego e garda
Carceleiro, Espírito do monte, Xuíz e Folla de carballo

Permitímonos a licenza de facer feminino un dos personaxes: no canto de recadador de impostos, decidimos que habería unha "recadadora" xa que estamos seguros de que iso non lle importaría a Manel María.


Ferramentas


O teatriño



Escena 1

RECURSOS




Casa Museo Manuel María . É un espazo no que se garda o legado de Manuel María e ofrece nuerosos recursos para educación.



Primavera das letras  Páxina de la RAG con recursos sobre o autor e  descargables


Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización  Lingüística Web que recolle numerosos recursos sobre a lingua galega  cun especial do autor.


RECURSOS TIC

Easel.ly
Canva
Scratch.mit.edu
Calameo
Movie Maker
Pinterest
YouTube
Kizoa

O meu agradecemento ao amigo e compañeiro de centro Primitivo Marcos polo magnífico retrato de Manuel María que fixo para compartir con toda a comunidade educativa e por poñer a súa arte a disposición da cultura galega.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...