Saltar ao contido principal

II Encontro Interxeracional "Fálame da Emigración" (2017)


🌉Ao longo dos meses de febreiro e marzo tivo lugar, por segundo ano consecutivo, o Encontro Interxeracional "Fálame da Emigración" entre o alumnado de 3º da ESO e o grupo de maiores de Afundación de Viveiro.
👴A vida dos maiores na emigración é o eixe do programa, articulado a través de dous encontros nos institutos e precedidos dun traballo preparatorio que se apoia en material e recursos didácticos aportados por Afundación. Maiores e estudantes comparten experiencias, reflexións e emocións, establecendo relacións baseadas no respecto mutuo.

👧Para os estudantes supón unha oportunidade de coñecer a historia da man dos seus protagonistas e de aprender valores de emprendemento, de esforzo, de superación e de adaptación; para as persoas maiores voluntarias sentirse escoitadas, útiles e recoñecidas; e para a comunidade educativa a oportunidade de experimentar con novas modalidades de aprendizaxe non formal.

1ª sesión: a experiencia vivida

2ª sesión: Reflexionamos sobre a emigración
Visita ao centro de maiores para ver a exposicón fotográfica.

ALGÚNS MOMENTOS:







EXPOSICIÓNFOTOGRÁFICA: "FÁLAME DA EMIGRACIÓN"

O alumnado visitou a exposición fotográfica e farán un traballo por parellas elixindo unha das imaxes que máis os impactaron, describíndoa e facendo unha valoración persoal sobre ela. Aquí deixo algunha das imaxes:

  
Madrid, xuño de 1958. 27 nenos e nenas saen de Barajas rumbo a Canadá para reunirse cos seus pais e nais, emigrados no ano anterior. Foto: Iglesias

🔴Para comentar

Estes nenos viaxan sos a Canadá nun voo de máis de doce horas. Moitos outros nenos e nenas quédanse en Galicia separados das súas progenitores, ao coidado dos avós, tíos, padrinos ou outras persoas da familia

Lausana (Suíza), outubro de 1974. Emigrantes galegos protestan polo referendo celebrado en Suíza, que decidía se a poboación inmigrante debía ser expulsada do país.

🔴Para comentar

O resultado final do eferendo é favorable á permanencia en Suiza dos traballadores estranxeiros aínda que a emigración galega sofre o rexeitamento por parte dalgunhas persoas naturais do país.

Metz (Alemaña), novembro de 1941. Unha comisión do Partido Nacional-Socialista saúda a un grupo de traballadores españois chegado a Alemaña.

🔴Para comentar

Os traballadores fan o saúdo fascista ao chegar á Alemaña de Hitler, por aquel entón aliada da España de Franco. Que significa este xesto? Por que saúdan deste xeito?.

GALERÍA DE IMAXES







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Francisco Fernández del Riego. Sopa de letras.

Fernández del Riego na Fundación Penzol 👉 Sopa de letras