Saltar ao contido principal

Un mannequin challenge para o 180 aniversario de Rosalía.



    







"...trata d'as cousas d'a terra, e vay escrita n'a nosa lengoa. Recíbana, non pó-lo que val, sinon pó-lo que significa.",
Dedicatoria de Follas Novas, 1880






INTRODUCIÓN

Un dos criterios de avaliación da materia de Lingua galega e Literatura é crear ou recrear textos sinxelos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula co fin de desenvolver o gusto pola escrita e a capacidade de expresión dos sentimentos e xuízos.
Como estándares de aprendizaxe o alumnado determina o tema, delimita a estrutura e identifica a progresión temática en producións propias e alleas. Elabora textos nos que ten en conta os parámetros anteriores.Ao mesmo tempo, interpreta o sentido de textos orais e escritos, identifica a intención comunicativa e a recoñece a postura de cada emisor.


CONTIDOS

Presentación da autora feita por alumnas de 3º ESO




Infografía 


 https://magic.piktochart.com/output/20202636-rosalia-de-c-temas

MAPAS VISUAIS


Comezamos facendo mapas visuais sobre a temática dos poetas do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, Estes mapas fanse en equipos de dous alumnos ou ben como traballo individual e unha vez rematados teñen que expoñelos á clase.









MANNEQUIN CHALLENGE

Para completar este traballo e como xeito de profundar na lectura comprensiva da obra poética de Rosalía ao tempo que exercitan a creatividade, propúxoselle ao alumnado que fixesen un "reto do maniquí" sobre algún poema da autora. Seguimos unha invitación da AELG e doutras institucións galegas para celebrar o Día de Rosalía.


🎥 Un Mannequin Challenge coñecido en galego como reto do manequín ou na forma híbrida: manequín challenge é un fenómeno que procede de Internet e das redes sociais; os protagonistas están totalmente inmóbiles mentres unha cámara en movemento os filma, xeralmente con «Black Beatles» de Rae Sremmurd como canción de fondo.


🎥 Na súa orixe estivo un grupo de adolescentes americanos dun instituto de Florida que en outubro do 2016 publicaron o seu vídeo en Twitter co cancelo (hashtag é un anglicismocancelo # (hashtag é un anglicismo que non está aceptado pola R.A.G.) #mannequin challege ; este chegou a ser moi popular xa que se sumaron a el músicos, celebridades do cine, do deporte e da política.



Algúns dos traballos:









                

    


TEXTOS


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...