Saltar ao contido principal

Tertulia sobre Senlleiras de Antía Yáñez.


O profesorado de Lingua temos unha teima: impulsar e premiar o uso da lingua galega entre o noso alumnado. É así como xurde a proposta ás raazas e rapaces do último curso de Bacharelato para comentar un libro que len na ESO e que tamén eles se ven obrigados a ler, a maiores dos que xa len; logo vén a segunda parte, que hoxe presentamos aquí un pouco resumida, claro, pero que aínda deu máis de si.
Está claro que en 2ºde Bac. lese un libro de distinta maneira que en 4º de ESO, pero como dicía Italo Calvino referíndose aos clásicos, o bo que teñen é iso: distintas lecturas cada vez que se len  e... a idade conta!.
Parabéns a Claudia  polo seu traballo e un milleiro de grazas por colaborar nesta tarefa.

E por suposto pedir desculpas polos erros de gravación e edición de vídeo😢

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Honramos a quen nos honrou.Día de Rosalía 2016.

Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar  (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou. Exposición de robots e taller de deseño gráfico No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais. Este pequeno acto serviunos pa...

Recursos para achegarnos a Carvalho Calero.

👉 A narrativa de Carvalho Calero: 👉Darío Villanueva e as novelas de Carvalho. Darío Villanueva - Xente da Barreira from Vieiros de Esperanza on Vimeo . Darío Villanueva - Scorpio from Vieiros de Esperanza on Vimeo . 👉Para traballar a poesía. Apuntamentos visuais. 👉Para falar da normativización e da normalización: clica na imaxe.  https://agalia.net/Agalia/002.pdf 👉 Infografía para Aulas Galegas  sobre o teatro de Carvalho Calero.

Francisco Fernández del Riego. Sopa de letras.

Fernández del Riego na Fundación Penzol 👉 Sopa de letras