Saltar ao contido principal

Publicacións

Club de lectura 2º ESO: Visita á Casa dos Pernas con Agustín Fernández Paz

O Club de lectura de 2º da ESO , despois de ler Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz , fixemos una visita á Casa dos Pernas ou Chalet de Fondón ; esta casa indiana serviulle a Agustín, gran coñecedor da Mariña, de inspiración da súa novela tal e como nolo comentou na visita ao noso centro. Agustín no María Sarmiento Casa dos Pernas (Magazos) 📕Antonio Pernas Corral foi un emigrante que alcanzou unha notable fortuna en Cuba coas súas empresas dedicadas á produción téxtil, unha actividade que outros membros da súa familia cultivan con éxito aínda hoxe en Galicia. Era natural de Magazos (Viveiro) onde anos despois da súa partida, xa na cima do seu éxito, construíu unha das máis fermosas casas indianas da Mariñ a, o Chalet de Fondón. Fábrica téxtil dos Pernas en Cuba 🗺 Chegou á Habana en 1893 da man de Pastor Taladrid Catá e en compañía de Vicente Abadín García . Como ambos eran moi novos, a familia Taladrid acolleunos, protexeu e tutelou p...

Lendo a Agustín Fernández Paz.

  Desde o EDLG do IES da Pobra do Caramiñal pídennos colaborar coa xenial iniciativa normalizadora que xa vai polo 5º ano 21 días co galego  . Este ano fan unha especial homenaxe a Agustín Fernández Paz, que foi o padriño da primeira edición. Desde o noso centro enviamos dúas recomendacións lectoras: Catalina Rivera López e Pedro José Cheo Ramos , alumnos de 1º de Bacharelato de adultos e a súa profesora Luz Sierra leron Non hai noite tan longa e Rosalía (2º ESO ) e Sabela , nai e filla, leron A neve interminable.

Día Internacional da Muller, 2017

Un mannequin challenge para o 180 aniversario de Rosalía.

     "...trata d'as cousas d'a terra, e vay escrita n'a nosa lengoa. Recíbana, non pó-lo que val, sinon pó-lo que significa.", Dedicatoria  de Follas Novas , 1880 INTRODUCIÓN Un dos criterios de avaliación da materia de Lingua galega e Literatura é crear ou recrear textos sinxelos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula co fin de desenvolver o gusto pola escrita e a capacidade de expresión dos sentimentos e xuízos. Como estándares de aprendizaxe o alumnado determina o tema, delimita a estrutura e identifica a progresión temática en producións propias e alleas. Elabora textos nos que ten en conta os parámetros anteriores.Ao mesmo tempo, interpreta o sentido de textos orais e escritos, identifica a intención comunicativa e a recoñece a postura de cada emisor. CONTIDOS Presentación da autora feita por alumnas de 3º ESO Infografía     https://magic....

Día da Muller e a Nena na Ciencia, 2017.

Día da Ilustración, 2017: Álvaro Cebreiro.

O Día da Ilustración foi instituído pola Xunta de Galicia hai catro anos, como parte do seu Calendario do libro e da lectura, tomando a data do 30 de xaneiro, día de nacemento de Alfonso D. R. Castelao .  Este ano, por iniciativa da AGPI —que vén colaborando coa celebración desde o primeiro ano con pequenas actividades—, o Día da Ilustración vese reforzado coa homenaxe a un dos grandes ilustradores galegos históricos, Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956), coa intención de que, ano tras ano, unha figura destacada da ilustración en Galicia reciba un merecido tributo para revalorizar a súa contribución á nosa cultura e á nosa sociedade. A   AGPI  ( Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)  produciu, coa colaboración da Subdirección Xeral de Bibliotecas, un pequeno vídeo para a difusión da súa vida e obra en internet, especialmente nas redes 

Obra literaria de Castelao. Infografía.