Saltar ao contido principal

Publicacións

O que arde de Óliver Laxe.

Día de Rosalía 2019, I

Presentamos dúas  infografías para coñecer un pouco máis Cantares Gallegos (1883) poemario co que dá inicio o Rexurdimento pleno e Follas Novas (1880). A primeira  infografía céntrase no tema do matrimonio e na concepción do amor que ten Rosalía a respecto deste asunto, case imposíbel de chegar a bo porto.

Tertulia sobre Senlleiras de Antía Yáñez.

O profesorado de Lingua temos unha teima: impulsar e premiar o uso da lingua galega entre o noso alumnado. É así como xurde a proposta ás raazas e rapaces do último curso de Bacharelato para comentar un libro que len na ESO e que tamén eles se ven obrigados a ler, a maiores dos que xa len; logo vén a segunda parte, que hoxe presentamos aquí un pouco resumida, claro, pero que aínda deu máis de si. Está claro que en 2ºde Bac. lese un libro de distinta maneira que en 4º de ESO, pero como dicía Italo Calvino referíndose aos clásicos, o bo que teñen é iso: distintas lecturas cada vez que se len  e... a idade conta!. Parabéns a Claudia  polo seu traballo e un milleiro de grazas por colaborar nesta tarefa. E por suposto pedir desculpas polos erros de gravación e edición de vídeo 😢

Encontros lectores no María Sarmiento. Andrea Maceiras.

A autora fálanos do libro: Ficha de lectura no blog de xerais: aquí.

Club de lectura: O Principiño de Saint- Exupéry en 2º PMAR.

Na 1ª avaliación lemos O principiño , traducido por Carlos Casares. Traballamos a temática dos distintos capítulos con Visual Thinking e serviunos para adentrarnos en cuestóns morfolóxicas: o substantivo, o adxectivo, os numerais,... Decidimos facer unha expossición de libros en distintos idiomas (conseguimos 13 idiomas diferentes) e de obxectos relacionados co protagonista do libro. Traballamos personaxes con plastilina e o resultado do que reunimos e fixemos démolo a coñecer na biblioteca do centro no mes de decembro. EXPOSICIÓN

Armad@s con poesía para o 25 de novembro.

No que vai de ano, 43 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou exparellas, en total 971 desde o 1 de xaneiro de 2003, cando se empezaron a contabilizar. Estas son as vítimas mortais da violencia machista no que vai de ano, segundo o balance do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, actualizado a 23 de outubro. Ademais, hai un caso en investigación: a muller atopada morta o 16 de xullo na Orotava (Tenerife), que tiña dúas fillas e que tamén foron asasinadas. As tres foron asfixiadas e o pai de familia aforcouse.  Ata 33 menores quedaron orfos e 27 nenos foron asasinados por violencia machista desde 2013.  Pois nós, o Departamento de Lingua Galega imos falar disto con poesía. Coa poesía pódese falar de calquera cousa. Esta vez eliximos María Reimóndez. 📘 O libro que lemos é Moda galega , publicado no 2001 . 📕 Aqueles alumnos que prefiren a prosa leron o libro de Chimamanda Ngozi Adichie: Todos teriamos que ser f...